Os remolcadores atracados en Ferrol con sospeitas de Covid permanecerán confinados unha semana máis

O tripulante que podería estar contaxiado con coronavirus está en illamento e será sometido a un novo test o próximo venres 24 de xullo
3233935

A Autoridade Portuaria confirmou hoxe que o confinamento nos remolcadores atracados en Ferrol cunha sospeita de contaxio de Covid alongarase, como mínimo, ata o venres 24 de xullo. A entidade explicou que a medida adóptase en base aos protocolos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade.

Está previsto que ese mesmo día 24 se lle realice ao tripulante unha nova proba PCR para confirmar si é un caso positivo por coronavirus ou non, xa que os realizados ata o momento non resultaron definitivos nin concluíntes. Os 64 tripulantes atópanse totalmente confinandos nos remolcadores «Topaz Isra» e «Topaz Megan», que están atracados en Curuxeiras xunto co «Topaz Xara», este último sen xente a bordo.

Ademáis, hay outros tres remolcadores no peirao de Ferrol, tamén da naviera Topaz, cun retén de 20 persoas que están atracados noutra zona do porto e non tiveron contacto co posible infectado, polo que non están confinadas. En total, son seis remolcadores da naviera Topaz que se atopan atracados en Ferrol en situación de “laid up”, é dicir, temporalmente fora de servizo, debido á caída da actividade petrolera nas súas zonas de traballo. A empresa chegou o pasado mes de maio a un acordo coa Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para que fixeran uso das instalacións do porto interior durante un periodo de tempo indefinido.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.