A Nao Victoria poderase visitar no porto de Ribadeo do 12 ao 14 de maio

Trátase dunha réplica da embarcación orixinal, que foi construída para a Expo de Sevilla de 1992
nao rib

Entre o 12 e o 14 de maio poderase visitar no porto de Ribadeo a Nao Victoria. Trátase dunha réplica da embarcación orixinal, que foi construída para a Expo de Sevilla de 1992, e que deu a volta ao mundo entre 2004 e 2006.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “por primeira vez en Ribadeo, poderase visitar no porto deportivo a Nao Victoria, protagonista da primeira volta ao mundo no século XVI -entre os anos 1519 e 1522-. Trátase dunha réplica desa embarcación, que foi construída para a Expo 92, e que fixo o mesmo percorrido que a orixinal entre 2004 e 2006”.

O 8 de setembro de 1522 dezaoito homes, baixo o mando de Juan Sebastián Elcano e a bordo da Nao Victoria, lograron o maior fito da historia da navegación. Despois de tres anos de sufrimento no mar foron os primeiros en cruzar os grandes océanos e dar a coñecer o tamaño real da terra. Esta Nao, réplica do barco de Fernando de Magallanes, ten unha superficie útil de 120 metros cadrados en diferentes cubertas, 290 metros cadrados de superficie bélica, 3,20 metros de calado, 26 metros de eslora, 7 metros de manga, 3 paus e 6 velas e ten capacidade para 100 persoas ampliable segundo disposicións.

O edil ribadense indicou que “as visitas á Nao Victoria, no porto deportivo, poderán realizarse do 12 ao 14 de maio de 10 a 20 horas. O prezo das entradas é de 6 euros para as persoas adultas, de 3 euros para nenas e nenos de 5 a 10 anos, gratis para menores de 5 anos e de 15 euros para as familias -paquete de 2 adultos e ata dous nenos de 5 a 10 anos-. As entradas poden mercarse en fundacionnaovictoria.org”.

O paso por Ribadeo desta embarcación está organizado pola Fundación Nao Victoria, polo Real Club Náutico de Ribadeo e polo Concello de Ribadeo. No acto de presentación participaron os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, xunto ao presidente e o tesoureiro do RCNR, Pablo Fernández e Francisco Cancio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.