O Real Coro Toxos e Froles prepárase para recuperar o seu son

Tan só faltan últimar os detalles das obras da cuberta do edificio onde se instala esta asociación de música tradicional galega
2020_07_17Toxos01

A empresa adxudicataria das obras que o Concello está acometendo na sede do Real Coro Toxos e Froles está ultimando os traballos para que a entidade poida recuperar a súa normal actividade o máis axiña posible. O concelleiro de Urbanismo fixo en días pasados unha nova visita ao edificio, que sufría graves problemas de filtracións de auga dende hai anos, e comprobou, acompañado da entidade, a situación dos traballos contratados pola concellería de Obras.

O edificio do Toxos acolle unha colección de pezas de gran valor histórico e cultural para a cidade e para toda Galicia, polo que a reparación da cuberta urxía antes de que volvesen as choivas. Durante os traballos, a retirada do antigo tellado deixou ao descuberto diversos danos en elementos construtivos de madeira que non estaban á vista, polo que foi necesario substituílos antes de comezar a colocar os novos paneis metálicos que garantirán a impermeabilidade.

Os traballos, adxudicados por un importe de 48.122,58 euros o pasado outono, comezaron a finais de decembro. Agora, superado o estado de alarma debido á epidemia da covid-19, que implicou certos atrasos, están practicamente listos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.