Valdoviño interpón un recurso contra a autorización administrativa do parque eólico Badulaque

Pide a paralización do expediente, e asenta o seu rexeitamento na aprobación da modificación urbanística coa delimitación de novos núcleos rurais que vetan a instalación de aeroxeneradores a menos de 500 metros
Reunión informativa cos veciños de Valdoviño sobre o parque eólico
Reunión informativa cos veciños de Valdoviño sobre o parque eólico

Hai uns días, coincidindo coa publicación no BOE da resolución da Dirección General de Política Energética coa autorización administrativa previa a Enel Green Power España para o parque eólico Badulaque, o Concello de Valdoviño avanzaba novas medidas para tentar paralizar a tramitación, e esta mañá informaba da presentación dun recurso de alzada contra a autorización. Rexistrado ante a Secretaría de Estado de Enerxía no día de onte, solicita a paralización do expediente.

O Concello basea o seu rexeitamento na modificación urbanística aprobada coa declaración de novos núcleos rurais e que, na práctica, veta a instalación de aeroxeneradores a menos de 500 metros. Un cambio substancial no planeamento que a compañía ignorou na súa documentación, a pesares de que o Concello lle daba traslado, tanto a petición dun informe certificado sobre a clasificación do solo preceptivo para a tramitación, como a través das propias alegacións rexistradas pola Administración local.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.