Dous vehículos sofren un accidente de tráfico no túnel da Avenida do Rei de Ferrol

A colisión dos dous coches non foi moi grave polo que a Policía Local puido recuperar a circulación do tráfico en escasos minutos
WhatsApp Image 2020-07-18 at 13.20.02

Este sábado 18 de xullo dous vehículos mantiveron durante varios minutos cortada a circulación no túnel da Avenida do Rei tras unha colisión ás 13.30 deste mediodía. O accidente rematou únicamente con danos materiais, concretamente cun espello roto, polo que non houbo que lamentar ningunha lesión por parte dos pasaxeiros que ían a bordo.

Tal e como informaron varias fontes policiais, tan só foi necesaria a achega dun furgón de Atestados da Policía Local ao lugar dos feitos para poder solucionar a situación entre ambos condutores. Xa tras a aclaración do suceso os axentes restauraron a circulación que estivera parada pouco menos de media hora.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.