Buscan declarar a ‘Baixada de Carrilanas a San Mamede’ como Festa de Interese Turístico de Galicia

A cita cumprirá neste 2023 o cuarto de século de vida polo que o Concello e a asociación buscan lograr este recoñecemento
Archivo - Bajada de una carrilana
Archivo - Bajada de una carrilana

O Concello de Valdoviño e a Asociación organizadora da Baixada de Carrilanas a San Mamede traballan conxuntamente na declaración da cita como Festa de Interese Turístico de Galicia por parte da Xunta. Con ese obxectivo, que ampliaría significativamente a promoción e divulgación da festa e facilitaría o seu acceso a novas liñas de axudas, administración e entidade iniciaron o expediente, que implica un arduo traballo de recopilación de información e documentación gráfica.

Un documento que deberá pasar o filtro do pleno municipal antes da súa remisión á Xunta de Galicia, administración competente para determinar a declaración. Sen présa pero sen pausa, o Concello leva dous meses traballando na recollida de información, que se complementará agora coa da Asociación, e a intención é concluír a tramitación o próximo mes, para así chegar a agosto cos deberes feitos e a declaración aprobada.

De cumprirse o calendario marcado, a Baixada celebraría así o seu 25 aniversario co recoñecemento autonómico. Unha distinción sobre o papel a unha cita festiva única en Galicia e referente en toda España que cada ano congrega a milleiros de persoas, e que supón un escaparate privilexiado de promoción turística para Valdoviño.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.