Seis mozos de Ferrol son rescatados tras desorientarse cuns kayaks na zona de Rianxo

O descoñecemento da zona e a densa néboa provocaron o pequeno susto que levou o grupo de xóvenes
P.C. Vilagarcía
P.C. Vilagarcía

Eran aproximadamente as seis e media da tarde cando varios efectivos do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía, nunha volta rutinaria polas augas próximas, atoparon a un grupo de seis mozos desubicados. Estes rapaces, que nun principio saíran en varios kayaks dende a praria das Cunchas, terminaron adentrándose con suma rapidez no mar sen que eles mesmos se percataran de tal feito.

Entre o descoñecemento da mocidade por ser de Ferrol e a maiores pola densa néboa que desde temperá imposibilitaba a visión do horizonte, os seis amigos non tardaron moito en desvanecerse, ata que o Servizo de Emerxencias puido atopalos. De feito segundo as testemuñas de varios efectivos que se achegaron a zona, os rapaces non tiñan unha sensación de pánico, xa que a pesar de que saíran pola mañá e non foron localizados ata pasadas as seis non tiñan medo debido a súa proximidade coa Illa de Cortegada. Os mozos terminaron de volta á terra en varias quendas, xa que a embarcación que os atopou non tiña tanta capacidade para todo o grupo.

Porén, aínda que o propio Servizo de Emerxencias anunciou que non tiña moita gravidade o asunto -pois as embarcacións desprazábanse ó sur onde a néboa cada vez era menos densa e terminarían por ser vistos-, quixeron advertir dos riscos que poden ter a práctica destas actividades sen experiencia previa ou sen asumir ven os perigos que poden acarrear.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.