Tres positivos por alcoholemia e un por drogas no último dispositivo policial despregado en Ferrol

Ademais outro condutor sen carné deu positivo en drogas esta fin de semana tras cometer un incidente en Mandiá
Archivo - Control de alcohol y drogas en Ferrol
Archivo - Control de alcohol y drogas en Ferrol

A Policía Local de Ferrol denunciou esta fin de semana a tres persoas por conducir baixo os efectos do alcohol. Foi durante un control establecido na FE-11 na noite do sábado 18 ao domingo 19 de xullo, entre as 0.00 e as 2.30 horas. No dispositivo participaron catro patrullas do corpo, que, en total, realizaron 53 probas de alcoholemia.

Delas, só tres indicaron resultado positivo e únicamente nun dos casos era superior a 0,25. Nos outros dous, constitutivos xa de posibles infraccións penais. Quen deberán responder por elas son unha veciña de Ferrol e outra de da comarca de Narón. Ademais, durante ese mesmo operativo un condutor foi denunciado por circular baixo a influencia de substancias estupefacientes tras dar positivo en TCH na proba de drogas que se lle realizou, a principal compoñente psicoactiva do cannabis.

Positivo en cocaína e opiáceos

Non foi o único positivo por drogas detectado polos axentes municipais estes días pasados. Unha patrulla acudiu á zona de Mandiá a atender un aviso por un incidente de tráfico e localizou a un home que conducía sen permiso e xa fora condenado en cinco ocasións por este tipo de conduta. Ademais, o multirreincidente deu positivo na proba de drogas, que indicou consumo de cocaína e opiáceos. A maiores, foi denunciado por carecer de seguro obrigatorio e por non ter pasado a inspección técnica do vehículo sendo este mesmo retirado ao depósito municipal. O protagonista deste suceso é un veciño da comarca de Ortigueira de 45 anos.

Por último, os policías locais de servizo esta fin de semana interpuxeron denuncias contra catro persoas -todas viandantes- por non empregar a máscara que nestes momentos é obrigatoria tal e como recolle a normativa autonómica.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.