Pontedeume renova algúns dos servicios e infraestururas básicas nas vías públicas

Deste espellos nos cruces, ata bancos ou suxeitacolectores, o Concello vai implementar durán o verán un plan en todo o municipio
Parroquias6

Concello de Pontedeume puxo en marcha hai uns días unha nova fase do plan de mellora e renovación dos servizos públicos, as infraestruturas e o mobiliario urbano nas parroquias do municipio. En concreto, o concello aproveitará estas datas de verán para a instalación, por unha parte, de varios espellos en accesos ou cruces de vías e camiños con pouca visibilidade, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria tanto de vehículos coma de peóns.

Pola outra, o servizo de obras municipal procedeu á construción de novas bases e á instalación de suxeita-colectores do lixo e bancos para o descando en distintos puntos de Pontedeume, medidas todas elas demandadas pola veciñanza.

“Renovar de forma constante as infraestruturas públicas, tanto no centro como nas parroquias, é unha prioridade do noso grupo de goberno desde o ano 2015; son actuacións que facilitan e melloran a vida diaria da veciñanza”, afirma o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández. Estes traballos do Concello de Pontedeume nas parroquias continuarán durante as próximas semanas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.