O pazo de Moscoso rexurdirá para poñer en valor o patrimonio histórico de Cedeira

Cunha inversión preto do medio millón de euros este emblemático edificio rehabilitarase para darlle novos usos administrativos
Fachada Norte

O Concello de Cedeira saca a contratación a obra de rehabilitación integral do pazo de Moscoso, un proxecto que contará cunha inversión total de 496.462 euros, o cal permitirá recuperar un inmoble histórico para darlle novos usos administrativos. A licitación saíu publicada na plataforma de Contratos do Estado e a presentación de oferta finaliza en 20 días.

Pola súa banda, o alcalde explicou que a execución deste proxecto responde ao compromiso do goberno local coa recuperación tanto patrimonial como económica do centro histórico da vila de Cedeira. Tamén engadiu que a intención do executivo é contribuír a esa posta en valor cun investimento público de case medio millón de euros e mostrouse confiado en que esta obra abrirá un tempo novo cara a recuperación da arquitectura popular e patrimonial do casco vello.

E é que este novo edificio será unha gran vantaxe á hora de distribuír e aproveitar mellor os recursos públicos. Así, os Servizos Sociais que actualmente estaban situados na terceira planta do auditorio, pasarán a ocupar a planta baixa do novo edificio administrativo municipal, mentres que os espazos que quedarán libres no auditorio serán aproveitados polo movemento asociativo. Tamén está previsto trasladar ao pazo Moscoso tanto o servizo de Intervención do Concello como a Xefatura da Policía Local.

O proxecto, que dará nova vida a un ben municipal que leva anos en desuso, desenvolverase sobre unha superficie construída superior aos 530 metros cadrados, uns 350 útiles. A demolición das estruturas danadas e a recuperación de elementos como balcóns, galería, forxados e soleiras, dado o carácter patrimonial do inmoble, darán lugar a un edificio que acollerá oficinas de atención ao público e as dependencias da Policía Local na planta baixa.

Entre a primeira e segunda repartiranse un total de oito despachos, ademais de aseos, galería e distribuidores, e o faiado aproveitarase para almacenaxe e sala de instalacións. O cuberta será de tella do país e as fachadas recuperarán o seu estado orixinal. Tamén se contempla a transformación do terreo anexo ao pazo nun novo espazo verde, ao que se poderá acceder desde a rúa Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.