Valdoviño quéixase do lixo que enche as súas rúas: máis de 28 toneladas no mes de xuño

Dende mobles a todo tipo de electrodomésticos, a veciñanza está cansada da actitude incívica duns poucos que provoca a insalubridade de todos
LIXO1

A cantidade de mobles e enseres retirados por parte do Concello de Valdoviño experimentou un espectacular incremento co inicio período estival. Segundo os últimos datos dos que se dispón, no mes de xuño retiráronse un total de 28.880 kilogramos da vía pública, o que supón un aumento do 48,25%. Pero o especialmente grave para o a administración local é o depósito de enseres na vía pública sen previo aviso, polo que fan unha chamada á responsabilidade social.

Lémbrase así que a cidadanía dispón dun servizo gratuíto de recollida de enseres a domicilio. É tan sinxelo como chamar ao teléfono 981 38 23 10 e, alí, comunicar o material do que un se quere desfacer. Os responsables do servizo porán entón día e hora para que os usuarios depositen a carga no colector máis próximo á súa vivenda. Normalmente a recollida realízase á tarde noite para evitar que a presenza dos enseres cause molestias se ocupa un espazo na vía pública e o impacto visual no entorno.

Dende a Concellería de Servizos lémbrase que a recollida non ten custe para a veciñanza, xa que o Concello financia ao 100% o servizo. Pese a dispor del practicamente a metade dos servizos realizados son de oficio. É dicir, traballadores municipais –da Concellería, Policía Local…- ou os propios concelleiros detectan a presenza de vertedoiros incontrolados e depósitos de enseres realizados na vía pública sen previo aviso. Como consecuencia son múltiples as queixas veciñais alertando da presenza de refugallos no espazo público. Para combater esta situación apélase á concienciación e colaboración cidadá, cun xesto que permite a saúde de todos, pero sobre todo a do medio ambiente.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.