Kaoru Morioka quédase un ano máis en O Parrulo Ferrol con ganas de voltar máis fortes ca nunca

O pivote xaponés quixo agradecer a afección o gran apoio amosado na súa primeira tempada a pesar de verse entorpecida pola crise sanitaria
_L5A0282

O Parrulo Ferrol aos poucos continúa tomando forma para esta nova tempada 2020-2021 na Primeira División nun equipo que contará con Kaoru Morioka. Esta será a segunda tempada do xogador tras chegar á entidade ferrolá o pasado mes de xaneiro. Ata o momento da suspensión da competición pola covid-19, o pivote xaponés había disputado sete partidos, conseguindo anotar un gol na Primeira División e dúas na Copa Galicia.

Nestes meses o futbolista nipón non estivo parado porque, tras regresar a Xapón, formou parte da Liga Tokyo na Primeira División de Kanto, para así chegar nas mellores condicións á pretemporada de O Parrulo Ferrol.

En canto as sensacións que tivo na súa primeira tempada, Kaoru destacou a gran labor do equipo a pesar das innumerables baixas sufridas, chegando incluso a rozar a clasificación nos playoff polo título doméstico. E é que agora o club ferrolán está a vivir un bo momento tras loitar pola permanencia nas pasadas tempadas, e agora loitando cara a cara cos mellores da LNFS.

Por outra banda, á hora de pensar na seguinte campaña o pivote xaponés cre que vai ser un gran ano debido ás novas incorporacións, e quixo calmar á afección asegurando que vai dar todo o que esté ao seu alcance para axudar o máximo posible ao equipo.

De feito, quixo dirixirse directamente á grada que os empurra todos os partidos xa sexa no Pavillón da Malata como xogando de visitantes, o cal lle sorprendeu gratamente a paixón coa que viven todos os partidos dende o primeiro minuto, como se fosen o sexto xogador no campo.

«Oxalá todo volva á normalidade e a xente poida gozar dos partidos, como nós tamén podamos gozar da afección, que sempre nos alenta, dannos un plus e axúdannos a sacar os partidos adiante. Estou moi agradecido polo acollemento que tiven a tempada pasada e espero nesta tempada poder darlles máis alegrías», remataba dicindo Kaoru Morioka, cheo de ganas porque empece esta segunda tempada con obxectivos renovados.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.