As pequeparadas chegan aos colexios de Ferrol

Esta iniciativa facilita a recollida dos nenos sen que os pais teñan que buscar sitio onde aparcar, e implantaranse ata en 4 centros escolares da comarca
2020_07_23Pequeparadas03

Na mañá de hoxe 23 de xullo quedou instalada a sinalización vertical da pequeparada do colexio Sagrado Corazón -Mercedarias-. O concelleiro de Seguridade e Tráfico visitou a zona para comprobar a situación dos sinais e cómo se reorganizou o estacionamento na primeira destas zonas totalmente habilitadas para deixar aos escolares durante o curso. A pequeparada sitúase na rúa Venezuela -no tramo entre Nova de Caranza e Ponzos-, que se converte en vía de sentido único, en dirección a Colombia, para incrementar as prazas de estacionamento en espiga na marxe contraria.

Na zona descrita vanse gañar 15 espazos de aparcamento, aos que se sumará que as pequeparadas poden ser empregadas como estacionamentos fóra das horas de entrada e saída dos colexios. O sistema estará activo de 8.45 a 9.15 horas e de 13.45 a 14.15 horas, tal como figura na sinalización vertical que se acaba de colocar. En total, serán catro os centros escolares da cidade que o próximo curso se van beneficiar desta iniciativa. Ademais do das Mercedarias, trátase dos CEIP de Ponzos, Canido e Isaac Peral.

CEIP Isaac Peral

No caso concreto do CEIP Isaac Peral, ademais de habilitar a pequeparada fronte ao colexio, na rúa Mac Mahón entre o Cuartel de Dolores e a piscina de Batallóns, incrementarase o número de prazas dispoñibles en estacionamento en espiga e se permitirá o aparcamento na rúa cortada do lateral do pavillón entre as 13.45 horas e as 14.15 horas para os pais que van recoller aos seus nenos.

CEIP Cruceiro de Canido

No caso do CEIP Cruceiro de Canido, habilitarase unha pequeparada na rúa Sixto Seco e delimitarase unha zona protexida mediante a instalación de bolardos para evitar que se ocupe a entrada ao centro e os vehículos estacionen na zona habilitada para iso.

CEIP de Ponzos

Respecto ao CEIP de Ponzos, no barrio de Ultramar, acondicionarse outra Pequeparada na rúa Ponzos, no tramo entre as rúas República Arxentina e México. Tamén se habilitarán dous pasos de peóns na intersección das rúas República Arxentina e Ponzos para dar continuidade á seguridade viaria do camiño ao colexio.

Para aumentar o número de prazas de aparcamento nas inmediacións do CEIP Ponzos, o Concello planeou que a rúa México —entre Ponzos e rúa Nova de Caranza— sexa de dirección única, en sentido á rúa Ponzos, e habilitarase unha marxe para estacionamento en espiga e a outra en liña. O plan municipal inclúe tamén dous pasos de peóns nos extremos do tramo para garantir a seguridade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.