Descobre os segredos do mellor restaurante de Ferrol segundo Tripadvisor

O'Galo, que leva 22 anos funcionando no barrio da Magdalena, é o mellor lugar para comer según os usuarios da plataforma on-line
WhatsApp Image 2020-07-24 at 10.38.44

O mundo da gastronomía -como todo- experimentou un gran crecemento nos últimos anos. Antes só tiñas a opción de decantarte por uns cantos mesóns que atopabas no teu barrio e que tampouco tiñan moito que mostrarche, pois a carta non che ofrecía nada descoñecido ata o momento.

Porén, agora hai una morea de lugares que visitar, de buffets libres aos que ir a encher o estómago como se fose a última cea, ou algo parecido. Cadeas enormes de comida -sexa rápida ou non- están botando ben lonxe os antigos restaurantes familiares que nos aportaban o de sempre. «O noso é a cociña tradicional, a de toda a vida, nun local pequeno e acolledor onde intentamos que cada cliente se sinta único ao vir a comer o que sabe que lle gusta, o que comía de cativo e comerá de vello», dicía Fran, un dos traballadores de O’Galo, un mesón ferrolán de tradición situado na rúa María. E é que razón non lle falta, e clientes tampouco, e se iso acontece será por algo.

Nº1 en Tripadvisor

Por se alguén con pouca destreza no uso das novas tencoloxías non o coñece, Tripadvisor é un sitio web onde se poden ver diferentes reseñas dedicadas aos máis viaxeiros, puidendo atopar dende os mellores aloxamentos ata, como non, os mellores sitios para satisfacer a nosa fame. Pois ben, neste portal estadounidense atopamos o mesón O’Galo como a preferencia de todos os seus visitantes, cunha calificación de 4,5 sobre 5 e con 644 valoracións que así o certifican.

 

«A verdade é que si, nótase ser o número 1 de Tripadvisor e sobre todo se temos en conta o turismo europeo. Ademais, ao servir a comida de sempre, con dedicación e cunha atención ao cliente o máis persoal posible iso nótase, e os clientes fánnolo saber. Porén, debido a crise sanitaria provocada polo virus esta parte que nos aportaba o turismo europeo desvaneceuse, o que equivale aproximadamente a un 30% de pérdidas», explicaba Fran mentres se tomaba un descanso despois dun mediodía axetreado.

A comida tradicional nun mesón con historia

«Hai moita xente que nos coñece por Tripadvisor, pero a nosa historia é moi longa». A pesar de que Fran tan só é un traballador máis de O’Galo sabe o suficiente do lugar onde día a día atende a unha morea de clientes. E é que a pesar de que os actuais donos do mesón abríronno fai aproximadamente 22 anos, a súa historia retómase ata moito máis atrás, concretamente máis de medio século. «O mesón leva aberto dende os anos 50 e foi pasando a diferentes inquilinos pero sen perder o seu obxectivo de seguir servindo á xente coma o primeiro día. A carta non é moi variada, catro pratos de marisco outros tantos de pescado, tortilla, chourizos, croquetas, carnes… o de sempre. Se hai algo que destaca por enriba do resto son sen dúbida as zamburiñas, a tortilla e as croquetas».

Tal e como lembraba Fran, nestes 22 anos tiveron bastantes altibaixos. Primeiro a crise do 2000, despois a do 2008 e agora a presente crise sanitaria que nos está a afectar a todos. En canto ao último, admitiron que, a pesar de que en ningún momento viron o local ameazado polo peche, si que xerou moitísimas pérdidas: «foron tres meses e unha semana pechados, sen ningún beneficio e con moitos gastos, fíxosenos moi longo pero aquí estamos». E estarán, porque o tradicional está destinado a perdurar.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.