A Concellería de Deportes de Valdoviño pon en marcha “Móvete en Valdoviño”, un programa de rutas guiadas de sendeirismo que levará ás persoas participantes á Ermida do Porto e ao Faro de Punta Frouxeira, ao Encoro das Forcadas, ao Baleo ou ao Miradoiro do Paraño. Desenvolveranse os sábados e a primeira xornada a que poder asistir arranca o 1 de agosto.
Esta opción é a mellor forma de coñecer Valdoviño e a súa contorna natural e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos saudables a través do deporte. As rutas son de balde con inscrición previa e prazas limitadas. Así mesmo, para participar haberá que ser maior de idade e haberá que aportar nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de empadronamento e teléfono de contacto.
A inscrición para a primeira ruta celebrada o 1 de agosto en Meirás -na contorna da ermida do Porto e Faro-ábrese este luns e péchase o xoves 30 de xullo. A ruta dará comezo ás 10 horas e para inscribirse pódese formalizar no correo [email protected] ou no teléfono 626465531.
Medidas a adoptar pola Covid-19
Nesta liña, dende a Concellería de Deportes explicaron que a situación derivada da COVID-19 obriga ao Concello a plantexar unha serie de recomendacións imprescindibles para tomar parte nas rutas. Polo tanto, tanto o uso de mascarilla como levar un pequeno bote con líquido desinfectante para as mans é obrigatorio, ademais de que cada participante terá que levar o seu propio material deportivo e a súa bebida e comida.
Xa durante a marcha é recomendable camiñar en paralelo cunha distancia mínima de 1,5-2 metros para intentar respetar a distancia de seguridade. As paradas de descanso que se realizarán durante a ruta serán en lugares amplos onde se poidan manter esta medida para evitar calquera posible contaxio.