Diego Núñez, un dos xogadores máis queridos pola afección de O Parrulo Ferrol, renova outro ano máis

Esta será a sexta tempada que viste a camiseta do equipo ferrolán, onde espera seguir conseguindo grandes avances e incluso cumprir o sono de alcanzar os playoffs da LNFS
_L5A8710

O Parrulo Ferrol continúa reforzando o seu equipo nesta nova tempada 2020-2021 na LNFS onde volverá contar cos servizos de Diego Núñez. Esta será a súa sexta tempada no conxunto ferrolán. Coa entidade local conseguiu vivir o ascenso á Primeira División, gañar unha Copa Galicia e unha Copa Deputación, ademais da permanencia na máxima categoría nestas tres últimas campañas, converténdoo nun dos xogadores con máis quilómetros nas súas pernas en O Parrulo Ferrol.

Na pasada tempada, ata o momento da suspensión da competición pola Covid-19, Diego Núñez disputara 23 partidos ligueiros e anotou un gol. En todo este tempo que leva defendendo a camiseta de O Parrulo Ferrol gañouse o agarimo da afección que asiste a cada partido no Pavillón da Malata, sendo un dos xogadores máis queridos e que volverán gozar do seu xogo nesta nova tempada.

Ao ser preguntado pola anterior campaña, o xogador respondeu que, antes da suspensión da competición doméstica, o balance que facían dende dentro do vestiario era moi poisitiva. «Estabamos máis arriba do que moita xente pensaba a principios de agosto e demostramos, polo que temos que seguir nesa liña».

A nivel personal, Diego quixo destacar o seu constante sacrificio e intensidade, sobre todo a nivel defensivo, algo que non vai cambiar pase o que pase. E xa falando en conxunto, espera un equipo parecido ao que moitos afeccionados disfrutaron o ano pasado. «O primeiro que temos que ser é iso precisamente, un equipo, moi serio e poñerlle as cousas difíciles a calquera. Saíron xogadores que foron importantes durante a tempada, pero temos que adaptarnos outra vez todos, axustar á xente nova e ser competitivos».

Finalmente, quixo dedicar unhas palabras á afección, que sempre estivo nas boas e nas non tan boas. «Saben que son unha parte moi importante do equipo durante os últimos anos, e queremos que este ano o sigan sendo. Fálase da Malata como un fortín e nunha liga tan dura temos que volver lograr que así sexa», e esperemos que non erre no seu pronóstico.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.