«Ecosistemas en Narón», unha nova iniciativa da administración local que mestura a actividade física coa interpretación do medio

O vindeiro sábado 1 de agosto farase un percorrido de máis de 5 quilómetros onde se transcorrerá por diferentes paisaxes naturais
106080434_2675349882722400_896039049174503719_o

O programa municipal “Narón en Transición” convoca para o vindeiro sábado día 1 de agosto ás 10.00 horas, unha nova actividade “Ecosistemas de Narón” enmarcado nos Itinerarios didácticos. Nesta ocasión a actividade desenvolverase con saída e chegada nos apeadoiros de FEVE de Sedes e Xuvia.

Os itinerarios didácticos son propostas integradoras que suman as vantaxes da actividade física saudable coa interpretación do medio a través das explicacións de persoas expertas. O percorrido da actividade Ecosistemas de Narón: LIC Xuvia- Castro, cunha distancia de 5,4 quilómetros aproximadamente, transcorre por camiños de terra e sendeiros de herba polo que se recomenda levar botas impermeables.

A dificultade pódese considerar baixa, con poucos desniveis, paradas frecuentes e indicado para tódolos públicos. Ademais hai que ter en conta que o itinerario didáctico contará cun grupo máximo de 20 prazas previa inscrición. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden consultar e descargar toda a información na páxina web do Concello www.naron.es e no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/itinerarios-didacticos-naron-en-transicion

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.