Mugardos entregará placas conmemorativas aos veciños centearios

A pasada semana celebrouse unha homenaxe a unha veciña da vila e decidiuse consolidar estes actos
MUGARDOS-CENTENARIA-JUANA-O-SEIXO-106

O goberno municipal de Mugardos anunciou que realizará unha homenaxe aos veciños e veciñas que chegan aos 100 anos, coa entrega dunha placa e unha pequena celebración. A iniciativa decidiuse consolidar logo do éxito da homenaxe a pasada semana do centenario da veciña Esperanza Rabina Yáñez á que o alcalde e a concelleira de Benestar visitaron para trasladarlle as felicitacións de toda a corporación municipal e facerlle entrega dunha placa conmemorativa do aniversario e dun ramo de flores.

No mes de marzo xa se fixera unha homenaxe similar a Juana Dopico Gandoy veciña do Seixo que cumprira 106 anos, a mugardesa máis lonxeva. Por isto, o goberno municipal acordou que as familias que desexen que desde a concellería se organice esta pequena visita-homenaxe ao veciños e veciñas centenarios, poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais chamando por teléfono ao 981 470 290 (extensión #2017) ou a través do correo electrónico da concelleira [email protected]

A concelleira subliñou o emotivo destes actos sinxelos e entrañables tanto para os maiores como para as súas familias, e por suposto para os propios membros do goberno “Non podemos deixar pasar a oportunidade de pór en valor ás personas que co seu traballo e a súa loita nos trouxeron ata aquí. Homes e mulleres que sacaron adiante as súas familias e que hoxe merecen celebrar por todo o alto que teñen un século de experiencia, pero sobre todo teñen o noso cariño e respecto”.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.