Ferrol en Común volverá levar ao pleno a retirada do busto de Juan Carlos I da fachada do concello

Os de Jorge Suárez xa quixeron facelo en 2016, cando gobernaban, e agora apelan de novo ás forzas municipais "que se fan chamar republicanas"
obras plaza armas ferrol final (20)

O Grupo Municipal Ferrol en Común proporá no próximo pleno ordinario a retirada do busto do rei emérito, Juan Carlos I, da fachada da casa consistorial e a retirada, tamén, da medalla de ouro da cidade. Os de Jorge Suárez ya intentaron facelo en febreiro de 2016 cando ostentaban o goberno, pero quedaron sós na votación plenaria, según eles, debido a unha moción do Partido Popular que estivo amparada por medios de comunicación e de presión.

Aínda que admiten que «as recentes informacións e investigacións xudiciais sinalan uns valores pouco exemplares», explican que non se trata dunha cuestión de oportunismo e insisten en que existen aspectos obxectivos que motivan esta moción: “non hai ningunha razón legal para que o busto ocupe dito espazo” explicou o vocal do grupo municipal Suso Basterrechea, e en todo caso, “Juan Carlos I non é o xefe do estado neste momento como para estar na fachada do concello”.

FeC tamén apela ao resto de forzas de esquerdas, que conforman o pleno para sacar adiante esta moción. «As forzas que se definen a si mesmas como republicanas somos maioría neste pleno. Esperamos por tanto a reflexión dos nosos compañeiros neste debate e estamos convencidos de que sacaremos esta moción adiante», din os comúns en alusión ao PSOE e ao Bloque.

Para rematar, Ferrol en Común realizará unha emenda no pleno a súa propia moción aumentando un punto nas súas peticións: a retirada da medalla de oro da cidade de Ferrol ao cidadán Juan Carlos de Borbón “xa que entendemos que están a suceder cousas suficientemente importantes no ámbito xudicial e social para que esta figura estea en entre dito” avanzou Basterrechea.

Tamén insistiron en que o custo económico e de recursos é mínimo xa que o pedestal é de ladrillos e cemento, polo que creen «que non debería levar máis dunha hora sacalo de ahí» e almacenalo xunto con outras figuras na zona habilitada a tal fin do Torrente Ballester.

Desde 1980

A fachada principal do Concello de Ferrol conta con cinco pedestais dos que tan só un, o central, estivo sempre ocupado. Así, xa desde o momento da súa inauguración, en 1953, instalouse un busto de Francisco Franco, que sería retirado anos máis tarde da súa morte, en 1980, e substituído por de o actual do rei emérito Juan Carlos I. Nos 63 anos de existencia do palacio municipal sempre existiu neste lugar un busto, que agora e de novo, volve a ser obxecto de polémica.

 

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.