Adri rompe records consolidándose como o mellor á da LNFS

É a primeira vez que o xogador ferrolán gaña este trofeo individual, e tamén é a primeira ocasión que o comparten dous xogadores, neste caso co culé Adolfo
ADOLFO Y ADRI, TROFEO MEJOR ALA LNFS 19-20

O traballo realizado a tempada pasada por Adri non pasou desapercibido, ao recibir o xogador ferrolán o Trofeo á Mellor á da LNFS, outorgado de maneira ex aequo co xogador do Barça, Adolfo. Esta é a primeira vez que hai un empate na votación realizada entre os capitáns e adestradores da Primeira División.

Tamén a nivel individual é a primeira vez que o xogador ferrolán é recoñecido como mellor á da LNFS, tomando a substitución de Sergio Lozano, mellor á na tempada 2019-2020.

Previamente ambos os xogadores, ademais do xogador do Viña Albali Valdepeñas, Chino, foran seleccionados polos afeccionados como os tres mellores, tras unha votación realizada na páxina web da LNFS.

A LNFS destacou que «o mellor Adri saíu á luz o presente curso 2020-2021. Os anos non parecen pesarlle a un xogador que xornada tras xornada mostrou a súa mellor versión sobre a pista azul da liga Nacional de Fútbol sala. O internacional absoluto con España foi fundamental nos esquemas de Héctor Souto acumulando case a totalidade dos minutos sobre a pista nos 23 partidos disputados na liga cunha bagaxe de 16 goles.”

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.