Pablo Rey, unha despedida indesexada para un xogador tan querido

O que foi o capitán do Racing de Ferrol e o máximo anotador da historia do club márchase mostrando a súa decepción coa directiva
EWnZms4VAAYyyae-1140x570

Comezou a súa carreira no Racing, e rematouna no mesmo equipo que tantas alegrías lle dera e que outras tantas regalara. Pablo Rey vestiu a camiseta verde durante un total de nove tempadas, sendo esta última sen dúbida a máis decepcionante.

Así o expresou o que era ata o momento o capitán do equipo ferrolán nas súas redes sociais tras descubrirse a súa marcha mediante unha nota de prensa feita polo club: «Después de tantos años en el Racing, e independientemente del aspecto deportivo, me gustaría haber recibido un trato acorde con mi compromiso con el club», dicía na súa carta de despedida. Pero o que non está claro é que ao fin e ao cabo lle collera por sorpresa, xa que as intencións do club de facer limpeza de cara a vindeira tempada se amosaran a finais de xuño.

Porén, a pesar do malestar xerado pola actuación da entidade deportiva, quixo agradecer aos seguidores, a todas as peñas, aos diablos verde e ao equipo os mellores momentos que lle brindou a súa longa carreira deportiva defendendo a cor verde. «Tengo recuerdos imborrables en mi mente y experiencias que nunca olvidaré».

A maiores, o ferrolán Pablo Rey amosou que, aínda que tivo un final indesexado, sentiuse en todos estes anos moi valorado e querido polo fútbol que facía. E malia que as súas botas non voltarán a pisar o céspede da Malata, «mi corazón siempre estará con el Racing».

Finalmente, o capitán lembrou unhas palabras do coñecido escritor Gabriel García Márquez onde deixa claro que o Racing sempre terá un oco no seu corazón:»Recordar es fácil para quien tiene memoria, olvidar es difícil para quien tiene corazón».

 

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.