Sobrepasadas xa os límites que definen ao barrio ferrolán, as Meninas de Canido fai tempo que se converteron nun dos eventos de arte urbano máis importantes de España, e non é para menos. Xa no ano pasado ao redor de 14.000 persoas puideron disfrutar do rexurdimento do barrio grazas á iniciativa do artista Eduardo Hermida, pero este ano o evento non pinta tan ben nin tanto coma outros.
A pesar de que o evento terá lugar entre o 4 e o 6 de setembro, aínda non hai nada definido, xa que a nova situación sanitaria impide facer unha correcta previsión do que acontecerá. «A día de hoxe temos baraxadas varias opcións e estas modificaranse segundo vaia transcurrindo o tempo», advertía o propio Eduardo Hermida tras ser preguntado pola polémica que rodea ao evento.
Unhas meninas seguras
«En todo momento estamos a seguir as medidas utiizadas pola Xunta que calquera evento feito en Galicia ten que cumprir, xente sentada, controis de aceso con controis de temperatura, aplicacións para manter o aforo controlado… todos os medios que obriga a administración autonómica», defendía o creador de esta iniciativa, onde incluso deixou entrever a posibilidade de que únicamente cheguen a haber tan só pintores sen ningunha actividade exterior, reformulando ou incluso rompendo contratos xa feitos con algúns dos artistas que se esperaban.
«Despois da experiencia do ano pasado esto será un retroceso, pero tampouco nos importa moito, xa que o obxectivo principal dese evento artístico era o de recuperar unha área urbana degradada como era o barrio de canido, e cremos que nestes 12 anos este obxectivo xa está cumprido», defendía Eduardo tras todas as polémicas xurdidas nestas vindeiras semanas. Porque se hai unha cousa clara é que, independentemente de como sexa esta nova edición que nos espera a comezos de setembro, as meninas van seguir estando ahí.