O Grupo de Investigación e Análise do Tráfico (GIAT ) do Sector de Tráfico de Galicia, son os gardas civís encargados de investigar todo o relacionado coa seguridade viaria e o transporte. Entre os seus labores está o localizar, identificar e poñer a disposición xudicial aos condutores que publican vídeos con infraccións, temeridades ou delitos nas redes sociais.
Durante a súa labora, esta semana localizaron a un condutor maior de idade e veciño do Rosal (Pontevedra) que sen obter nunca o permiso de condución gravouse conducindo pola estrada FE-14 ao seu paso pola localidade de Fene dirección Ferrol. Os feitos producíronse tras un dos rastreos que se fai este grupo da Garda Civil para detectar condutas de risco.
Foi aí onde lograron identificar as imaxes dun sinistro viario co vehículo que conducía o investigado. Nese mesmo perfil, ademais das imaxes dun sinistro viario, había outros vídeos colgados polo pai do investigado no seu perfil, e nun deles podíase ver ao investigado claramente conducindo o vehículo.
Os membros do GIAT lograron identificar o lugar, a data e a hora na que se produciron os feitos e identificar claramente o condutor que resultou non obter nunca o permiso de condución e polo que se lle imputa un delito contra a seguridade viaria.
Patrullando as redes sociais
Desde o Sector de Tráfico da Garda Civil lembran que teñen presenza en todas as redes sociais coñecidas e tamén na Deep Web. Por iso inciden na importancia da colaboración cidadá, xa que cada vez son máis os condutores ou peóns que presencian unha conduta temeraria ao volante, grávano cos seus teléfonos móbiles e envían a gravación á Garda Civil.