Nun segundo

Gestión-del-tiempo-compressor

A vida pode mudar exactamente nun segundo.

Pode ser unha chamada de teléfono. Unha oportunidade laboral, “a oportunidade”, 10.000 quilómetros de distancia pero todas as gañas do mundo. Xapón, a música, milleiros de discos, milleiros de aplausos.

Pode ser camiñando pola rúa. Unha mirada que se cruza, que chama a túa atención, que describe en milésimas o amor, o desexo ou a atracción por alguén. Un ano despois un banquete que organizar e un fogar que decorar.

Tamén pode ser a viaxe nun tren, de camiño á casa e deixando atrás a morriña por encontrarte por fin de novo na túa terra. De súpeto, o tranvía descarrila. Amnesia retrógrada, 5 meses de rehabilitación, unha amiga menos na axenda e unha ferida perpetua.

Pode ser volvernos a ver, cos mesmos ollos pero diferente mirada. Un segundo de non encontrarte, de non recoñecerte ca outra persoa, unha fuxida cara adiante e unha despedida de punto final.

Pode ser un volverte a namorar, un sorriso compartido, un abrazo que atrapa, un sentir que volves a sentir…

E todos estes segundos levan asociados outros tantos segundos nos que puideches non coller esa chamada, puideches non cruzarte con esa mirada, puideches non coller ese tren, puideches poñer un punto seguido, puideches volver a empezar.

Quen sabe de antemán cales van ser os segundos decisivos? Non hai fórmulas máxicas, nin regras establecidas. Non hai atallos, non os hai. Así que vive intensamente todos os segundos, TODOS. Os que decepcionan, os que alegran, os que doen, os que calman, os que permanecen, os que cambian…todos son valiosos porque todos significan que segues aquí.

 

 

 

 

En memoria de todas esas amigas que xa non temos na axenda polo accidente ferroviario de Angrois.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.