16 concellos de Ferrolterra poderán aumentar a oferta das súas bibliotecas coas axudas da Consellería de Cultura

Un total de 54.200 euros permitirán aos diferentes centros bibliotecarios obter novidades editoriais e así ampliar a cultura da veciñanza
94001488_2916040191825450_8714859797477851136_o

Un total de 16 concellos da comarca de Ferrolterra beneficiaranse este ano das axudas que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, para o que o Goberno autonómico destina este ano 54.200 euros.

A primeira liña de axudas que subvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico beneficiará a un total de 14 concellos e conta cunha dotación de 21.930 euros. Con esta medida a Consellería de Cultura e Turismo pretende ofrecer aos usuarios estas novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais.

Unha vez adxudicada a subvención en libros por un importe económico que se establece segundo os parámetros da poboación a que atende cada servizo bibliotecario público municipal, este poderá seleccionar os títulos incluídos nunha plataforma electrónica na que incorporarán as novidades as editoriais que publiquen en galego, que tamén serán as encargadas da distribución directa de cada libro solicitado desde a editorial a cada entidade beneficiaria.

O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas, ten como beneficiarios este ano un total de 16 concellos e as axudas alcanzan un importe total de 32.271 euros. Estas liñas de axudas levadas a cabo pola Xunta pretenden mellorar é incrementar a oferta e o servizo aos usuarios destes centros, actualizando as coleccións para que as bibliotecas planifiquen as adquisicións de novidades editoriais.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.