O Parrulo Ferrol rexuvenece o plantel coa chegada de Thalles

O á de 20 anos procedente de Brasil chega en calidade de cedido dende o Jimbee Cartagena para intentar aportar maior enerxía ao equipo
Thalles

Thalles Henrique Lima Aleixo Flauzino é a nova incorporación coa que o Parrulo Ferrol contará no seu plantel de cara á proxima tempada. O á nado na cidade brasileira de Sao Vicente cumprirá exactamente 21 anos o vindeiro 11 de agosto, mostrando así a xuventude que lle pode aportar á entidade ferrolana.

Aínda que provén en calidade de cedido dende o Jimbee Cartagena antes de chegar a chan ferrolán estivo cedido tamén no Aspil Jumpers Ribera Navarra. Co seu último equipo disputou un total de seis partidos, onde chegou a anotar un gol ata o momento da suspensión da LNFS pola Covid-19.

Tras ser preguntado polas súas pretensións co Parrulo Ferrol, Thalles afirmou que lle chama moito o proxecto e a estrutura que ten o club, onde afirma crer que estará moi contento e cómodo cos seus novos compañeiros cos cales intentará levar á entidade ferrolana o máis alto posible da táboa.

Finalmente quixo reservar unha mensaxe á afección para que saiban o que lles espera, un mozo que loitará ata o final por esta camiseta e que intentará aportar o máximo posible para levar ao equipo  cara o máis alto.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.