O Concello de Cabanas vén de anunciar a licitación das obras para o arranxo dos camiños do Batán e Os Bouces, dúas actuacións que serán levadas a cabo pola empresa Canarga SL, a cal presentou a oferta máis vantaxosa das cinco empresas que se presentaron á licitación. A inversión que ambas as dúas obras alcanzarán será de un total de 30.400 euros.
Esta rehabilitación se desenvolverá con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR).
Dende o goberno local quixeron valorar positivamente estas obras de mellora, que considera imprescindíbeis e prioritarias dado o mal estado do firme en ambos camiños municipais.