Esta semana comezará a reurbanización de parte da rúa Ares de Recimil e a rehabilitación da rúa Carmen Curuxeiras de Ferrol

O goberno local invertirá máis de medio millón de euros nestas obras que pretenderán darlle unha nova cor aos barrios residenciais e a unha das rúas máis importantes do casco antigo
a4a9b60e-7a88-4005-8ca2-fb7ca5d581ef

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión desta mañá do luns 3 de agosto a rehabilitación de envolvente dos números 1 e 2 da rúa Ares, en Recimil, e a reurbanización da rúa de Carmen Curuxeiras. Nestes dous casos o inicio dos traballos está programado para esta mesma semana.

A reurbanización de Carmen Curuxeiras, que saíu a licitación o pasado febreiro cun importe de 307.934,74 euros finalmente adxudicouse por 268.499 euros. Os traballos a realizar contemplan o mantemento das lousas tradicionais de pedra que aínda se conservan nesta vía, mentres que o resto do pavimento será retirado. Todas as instalacións -eléctricas, de telecomunicacións e de gas- serán soterradas e renovaranse as canalizacións do abastecemento de auga e dos sumidoiros. A iluminación será substituída por puntos de tecnoloxía LED sobre catenaria e o mobiliario urbano será renovado por completo.

En canto á rehabilitación que se vai levar a cabo na rúa Ares, adxudicouse por 282.885,50 euros. Consistirá na intervención nas cubertas mediante a retirada de elementos afectados por insectos xilófagos, humidades e fungos para substituílos por unha nova estrutura, sobre a que se formarán novas vertentes, con subestrutura e taboleiro de madeira, pranchas de illamento térmico, lámina impermeabilizante e tella plana sobre dobre rastrel. O novo canal situarase no bordo do aleiro e terá sección rectangular polo que desaugará nas baixantes no mesmo lugar que o actual e ambos os dous elementos serán de zinc.

Nas fachadas instalarase un sistema integral tipo SATE, composto de illamento polo exterior da folla de pechamento e cun acabado uniforme. As carpinterías exteriores principais serán de aluminio lacado en branco en dúas follas abatibles (exceptuando as de menores dimensións, que contarán cunha soa), con rotura de ponte térmico e vidro dobre con cámara.

Como medidas complementarias á mellora da envolvente do edificio, proxéctanse outras, como a reconstrución das chemineas orixinais colocando remates novos para unha mellora na ventilación, a ventilación do espazo baixo cuberta, a saída a cuberta para mantemento, a colocación de antena colectiva de captación de radio e televisión para todo o edificio, a iluminación natural e artificial do espazo baixo cuberta, a instalación dunha liña de vida na cuberta, a mellora de accesos ao baixo cuberta por trapelas con barreira antilume situadas na parte superior das escaleiras en cada portal, a colocación dunha aireación á baixante dos baños das vivendas, o soterrado dos cables e a reubicación das entradas do gas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.