As catro unidades básicas de traballo social de Ferrol recuperan a normalidade

Dende onte 5 de agosto as tres dependencias municipais permanecerán abertas ao público de luns a venres mantendo as pertinentes medidas de seguridade
83628323_2715966211832850_6599354143796625408_o

Dende onte 5 de agosto as tres dependencias municipais dependentes da concellería de Benestar Social volven atender á cidadanía de luns a venres. A epidemia da Covid-19 motivou que, seguindo un protocolo técnico, estas oficinas permanecesen abertas ao público unicamente un día ou dous á semana.

Estas instalacións acollen as catro unidades básicas de traballo social -a número 1 no Edificio Social, a 2 no centro cívico de Caranza e a 3 e a 4 na Casa Solidaria-, que a partir deste momento retomarán a súa actividade normal, con cita previa, tal e como se viña facendo tradicionalmente.

Debido ás especiais circunstancias de saúde pública que se viven nestes momentos, o Concello dispuxo un control de accesos a todas estas dependencias. Así, as persoas que precisen concertar unha cita deben poñerse en contacto coa correspondente unidade e solicitala.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.