Navantia adxudica a Nervion Industries a construción de 62 jackets para o parque Saint Brieuc

É o maior contrato de eólica mariña que a empresa realizará ata o de agora e cuxo importe ascende a un total de 100,7 millóns de euros
Offshore Wind Turbine in a Windfarm under construction off the England Coast
Offshore Wind Turbine in a Windfarm under construction off the England Coast

O pasado 31 de xullo o Grupo Amper comunicaba que Nervion Industries -a súa vertical industrial- resultaba adxudicataria do maior contrato de eólica mariña adxudicado ata o momento para levar a cabo a construción seriada de jackets, un total de 62 que irán dirixidos ao parque de Saint Brieuc.

A execución deste proxecto realizarase entre España e Francia, xa que no propio contrato inclúese unha parte de contenido local, polo que no porto francés de Brest produciranse compoñentes para 34 jackets, pouco máis da metade das estipuladas. O importe total para a execución directa do Grupo Amper é de 100,7 millóns de euros.

Experiencia na eólica mariña

Neste senso non é a primeira vez que o estaleiro de Fene enfróntase a unha construción de jackets, xa que a súa primeira experincia situouse en 2015, cando tivera que facerse cargo da posta en marcha de 29 jackets para o parque alemán de Wikinger. Nese caso Windar Renovables era o seu socio no contrato.

E tampouco será a primeira vez que Navantia e Nervion Industries traballen da man, xa que esta última foi subcontratada polo estaleiro tras o segundo acordo firmado en 2016 entre Navantia e Iberdrola, o cal buscaba  poñer en pé 42 jackets que irían destinados ao parque eólico mariño de East Anglia One.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.