Seguen subindo os infectados na área sanitaria de Ferrol: segundo as últimas actualizacións son 9 os contaxiados

A pesar de que todos os pacientes están nos seus domicilios sen ningunha complicación o crecemento xerado nas últimas semanas causa moita preocupación
coronavirus-mascarillas

Xa son 9 os contaxiados pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrol segundo a información aportada pola Consellería de Sanidade. A pesar de ser a zona menos afectada por este segundo paso do virus polo país – 371 son da área de A Coruña, 75 de Lugo, 46 de Ourense, 44 de Pontevedra, 85 de Vigo e 40 de Santiago- a preocupación é máis que notable.

Os primeiros casos que se deron a coñecer na contorna de Ferrolterra foron os dous casos de Cedeira, do cal o inicial proviña do extranxeiro segundo fontes sanitarias, e dos restantes aínda non se ten ningún coñecemento ao respecto salvo o tratamento domiciliario que están a recibir os pacientes infectados.

Poucos días atrás a Xunta xa comezou a tomar diferentes medidas para frear este segundo arranque de contaxios en Galicia, pero parece que de seguir a situación así serán máis as normas que haberá que comezar a impoñer nas nosas vidas para evitar o que xa nos tocou vivir hai uns meses. Deste xeito, de onte 9 de agosto a hoxe o número de infectados ascendeu a dous máis, aumentando a 628 os casos acumulados na área de Ferrol con, dos cales 586 superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica e 33 faleceron a causa do Covid.

Hai que ter en conta que as probas realizadas sufren unha pequena baixada os luns de cada semana debido a que os datos recollidos pertencen ao domingo, polo que cabe a posibilidade de que mañá esta cifra ascenda considerablemente. Diferentes fontes sanitarias advirten do correcto uso das medidas de seguridade xa coñecidas por todos para intentar poñerlle freo dunha vez por todas á Covid-19.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.