O ximnasio do CEIP A Magdalena de As Pontes sufrirá unhas notables obras de rehabilitación

Máis de 47.000 euros irán destinados a esta instalación deportiva para mellorar a calidade dos adestros dos ponteses máis activos
fitnes-fitness-pesas-barra-de-pesas-860403

En breves a veciñanza máis activa de As Pontes poderá disfrutar da rehabilitación que está a sofrir o ximnasio no CEIP A Magdalena, un proxecto que forma parte do plan emprendido pola administración local para mellorar os edificios e equipamentos deportivos do municipio.

Estes traballos acondicionarán un espazo empregado como instalación deportiva do centro educativo pero tamén para o desenvolvemento de diversas actividades deportivas promovidas polo concello, e cuxa remodelación contará cun orzamento total de 47.715 euros.

Reformas a realizar

As obras están dirixidas a rehabilitar a cuberta desta instalación para, deste xeito, mellorar a saúde e as condicións de illamento térmico de todo o edificio, eliminando todo o material de revestimento de fibra de cemento que hai ata o momento. Tamén se procederá á substitución do actual teito do ximnasio, suspendido na zona da pista polideportiva, para instalar un panel sándwich con illamento interior. Así mesmo, procederase á rehabilitación da fachada do ximnasio, eliminando as actuais placas de poliéster para mellorar a iluminación natural do mesmo coa instalación de lousas de policarbonato compacto con protección UV. Por outra banda, tamén se actuará na parte cega desta fachada eliminando o revestimento actual para aplicar un novo baseado nunha impermeabilización acrílica reforzada en fibra de vidro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.