Dequenvessendo, o grupo galego de música folk disposto a sorprender a toda Narón

O concello buscará unha maior dinamización do galego con actuacións musicais coma esta, a cal terá lugar no parque fluvial de Freixeiro o 20 de setembro
ccccc

Narón anunciou a actuación do grupo de música galega Dequenvessendo, prevista para o vindeiro 20 de setembro ás 12.00 horas no parque fluvial de Freixeiro. A edil naronesa encargada da área de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta concedida ao Concello pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que coincidiría no tempo e espazo coa celebración da “Festa do Xogo” organizada polo Concello.

«A través desta actividade apostamos por dinamizar o uso da lingua galega, neste caso a través dunha proposta musical dun grupo cun marcado carácter folk e moi recoñecido no panorama galego», apuntou. Bieito Romero, Irene Cerqueiro, Pablo Rosales, Nathael Regueiro, Miguel Ocampo e Miguel Rosales integran a formación Dequenvessendo, que interpretará na cidade temas do seu álbum «Cantos das xacias».

Non será preciso inscribirse previamente para poder asistir, se ben se instalará unha zona con cadeiras para o público e se establecerán as pertinentes medidas sanitarias de prevención fronte á Covid-19, que deberán cumprir todas as persoas que acudan ao concerto e tamén á Festa do Xogo prevista para o vindeiro 20 de setembro en Freixeiro.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.