Todo listo para que arranque a primeira Feira do motor de Narón

Entre o 5 e 6 de setembro os apaixonados dos coches poderán vir ao Polígono do Río do Pozo a esta exposición de balde, onde tamén haberá un oco para outros sectores
4221059f9c018cdb2e8bb6ec16f36fb5

Onte presentouse a primeira edición da Feira do Motor de Narón, unha convocatoria organizada polo Concello a través das concellerías de Promoción Económica e da de Feiras e Mercados. A cita tal e como avanzaron desenvolverase os días 5 e 6 de setembro no polígono de Río do Pozo, concretamente na zona da avenida dos Carboeiros, en horario de 10.00 a 20.00 horas nas dúas xornadas.

As persoas que se acheguen á zona poderán ver vehículos de ocasión, quilómetro cero, novos, de segunda man, industriais, motocicletas e tamén autocaravanas. A maiores do de automoción tamén estarán presentes outros sectores como o textil, saúde, cerimonias, mobiliario, servizos, puericultura e viaxes, entre outros. A entrada ao recinto será de balde, aínda que o aforo limitarase debido as medidas sanitarias que hai que cumprir, e as tarifas de exposición para reserva tamén serán de balde e con aforo limitado.

As persoas interesadas en levar os seus expositores a esta Feira do Motor deberán realizar a reserva ata o 21 deste mes, se ben no caso da automoción o número de vehículos a expoñer deberá comunicarse ata o 28 deste mes no mail: [email protected].

Un dos carrís de cada sentido de circulación da rúa dos Carboeiros estará habilitado para o estacionamiento e exposición de vehículos, quedando os outros dous para a circulación peatonal. A distancia mínima entre vehículos estableceuse en dez metros, ao igual que a dos expositores, para ofrecer as máximas garantías. Así mesmo, tal e como indicou Pita, haberá un servizo con persoal de vixilancia entre as 20.00 e as 10.00 horas, se ben se ofrecerá aos propietarios dos expositores a posibilidade de retirar os vehículos ao remate da primeira xornada para traelos ao día seguinte cumprindo os horarios establecidos.

En canto ás medidas preventivas da Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara e haberá puntos dispensadores de xel hidroalcohólico, debendo a maiores cumprir as indicacións das autoridades sanitarias, como a distancia de seguridade interpersoal.

As persoas interesadas en recibir máis información poden consultala a través da páxina web do Concello: www.naron.es e tamén da web: www.eventi.es/blog. Así mesmo, poden dirixirse á dirección [email protected] ou contactar coa Secretaría de organización a través do número de teléfono 607 391 660.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.