A área sanitaria de Ferrolterr, ao igual que toda Galicia, está a sufrir un gran repunte de casos activos nas súas respectivas comarcas. Segundo as últimas actualizacións que achegou este venres 14 de agosto a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na zona de Ferrol os afectados pola Covid-19 son un total de 35, 6 máis ca onte. Aínda así segue a ser a área sanitaria galega menos afectada, pero non deixa de ser preocupante xa todas as demais comarcas -excepto Santiago con un contaxiado menos- siguen a ver como se expande o virus. Actualmente, en A Coruña hai 618, 99 en Lugo, 73 en Ourense, 52 en Pontevedra, 134 en Vigo e 42 en Santiago. Este é o primeiro día onde Galicia volve a superar os 1000 infectados tras pensar que o virus pasara a formar parte do pasado.
Os primeiros casos positivos de Ferrolterra foron atopados en Cedeira, despois de que un veciño da zona dera positiva tras unha viaxe ao extranxeiro, e posteriormente comezaron a crecer por diferentes municipios os casos. Porén, tal e como avanzou a propia administración local, os dous cedeirenses contaxiados en primeira estancia xa deron negativo nas probas realizadas.
De feito, un novo veciño de Cedeir deu positivo aínda que é asintomático e non corre perigo. Porén, non se infectou debido aos dous casos da comarca, senón ao gromo xurdido no campamento infantil de Cerdido, onde se contabilizan con este un total de 14 infectados, tres monitores dous nenos e nove persoas que mantiveron contacto con algúns dos contaxiados. Dende o Concello de Cerdido comunicaron que outros tres traballadores e máis ao propio alcalde do municipio sometéronse á realización das probas PCR, dando negativos ambos os catro.
En Ares continúa a preocupación veciñal pola situación que están a vivir 5 policías locais, confinados nos seus respectivos domicilios tras coñecerse que un deles estiver en contacto cun contaxiado pola Covid-19na área sanitaria de Ferrol.
Finalmente, outro foco de infección alarmante foi o descuberto na tenda Lefties do centro comercial Odeón de Narón onde unha das empregadas dera positivo, e desde o martes a tenda mantívose pechada á espera dos resultados das probas que se lle fixeron a outros traballadores.