Cancélase a tradicional Festa do Pan de Neda debido aos gromos xurdidos nos últimos días

Aínda así preténdese realizar diferentes iniciativas mediante redes sociais para non deixar a un lado esta celebración declarada de Interese Turístico de Galicia
MG_5478-cortada

Concello e panaderías de Neda decidiron de común acordo suspender este ano a tradicional Festa do Pan declarada de Interese Turístico de Galicia. A decisión, moi meditada e estudada, responde á situación actual derivada da COVID-19 e dos gromos que se están a producir nas últimas semanas. A necesidade de extremar as precaucións e evitar riscos levaron así á organización a pospoñer esta cita, xa que o control sobre o aforo nun espazo como o paseo marítimo antollábase practicamente imposible e en todo caso a festa perdería a súa esencia: o seu carácter popular.

Neste contexto, o Concello decidiu en todo caso manter os compromisos contraídos nas contratacións realizadas, e as actuacións que se ían programar este ano levaranse a cabo en 2021. En todo caso, nin Concello nin panaderías queren renunciar á celebración e, por iso, este ano convidarán á poboación a participar de xeito virtual en dúas iniciativas de promoción do pan de Neda.

Dunha banda, do 4 ao 6 de setembro porase en marcha a través das redes sociais un certame de fotografía polo que a veciñanza poderá achegar as súas imaxes da festa dende os seus inicios en Albarón ata o pasado ano. A segunda acción convidará á cidadanía a compartir as súas receitas caseiras xa sexa de pan, de empanada ou de doce.

Entre os participantes sortearanse 7 lotes de produtos das panaderías que participarían cun posto de venda ou aportando produtos para a súa degustación no xantar popular na Festa do Pan 2020 -La Gallega, Modesto Hermida, Germán, Santa Rita, Paca Castro Romero, J. Castro, La Nueva-, valorados cada un deles en 100 euros. Nas vindeiras semanas darase cumprida información sobre as dúas iniciativas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.