Maior presencia policial no concello de Mugardos para previr que a veciñanza descoide as medidas de seguridade

A Policía Local centrarase na utilización da máscara e na nova norma que prohibe fumar en espazos públicos se non se pode garantir a distancia de seguridade
Policia Local

O goberno municipal de Mugardos vai reforzar as accións de prevención do coronavirus, desta banda centrado no cumprimento da obriga de levar máscara facial nos espazos públicos e da prohibición de fumar no caso de non poder asegurar a distancia social obrigatoria.

Os efectivos da Policía Local mugardesa están a despregar dispositivos para o control do uso da máscara facial en diferentes puntos do concello e a impoñer sancións en virtude da Lei de Saúde de Galicia no caso de atopar algunha persoa sen máscara facial ou fumando sen respectar a distancia social. As sancións ascenden aos 100 euros.

En toda Galicia está prohibido o consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre -incluidas as terrazas- no caso de non poder garantirse o mantemento da distancia de dous metros con outras persoas. Desde o goberno municipal lémbrase aos veciños e veciñas que desde o 20 de xullo é obrigatorio o uso da máscara facial en todo momento, independientemente da distancia social, excepto cando estase a consumir nun local de hostalería ou na praia durante o baño ou na toalla.

O Alcalde Juan Domingo de Deus quixo mandar unha mensaxe de responsabilidade á veciñanza “Pedimos aos mugardeses e mugardesas que sexan conscientes da gravidade da situación, e da importancia do mantemento das medidas de prevención. Está demostrado que o uso da máscara protexe do coronavirus, e que o cumprimento das normas e da distancia de seguridade axuda á prevención”. O Alcalde quixo tamén mandar unha mensaxe de prudencia á hora de desfrutar do ocio nocturno “É importante non esquecer a prevención tamén durante a noite, do mesmo xeito que é importante que a hostalaría respecte os horarios de peche.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.