Xa están dispoñibles as listaxes dos beneficiarios das axudas aos autónomos e pequenas empresas

O PAME busca dar apoio económico aos sectores máis perxudicados pola actual crise sanitaria, aprobándose 1155 solicitudes cun valor de máis de 1,7 millóns de euros
La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones
La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones

As listaxes definitivas das axudas correspondentes ao Plan de Mellora para a Empregabilidade -PAME- xa están a disposición dos solicitantes na web do Concello de Ferrol. Poden consultarse no apartado «Axudas PAME», ao que se accede dende a páxina principal, e tamén no taboleiro de anuncios do Concello. Os enlaces directos a ambos son os seguintes: https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indicehttps://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.

Agora, os servizos económicos do Concello traballan coa previsión de poder ingresar o importe das subvencións este mesmo mes ou a principios de setembro Foi nesta misma semana onde se emitiu a a resolución que aprobou a adxudicación das subvencións, un total de 1.155 solicitudes por un importe total de 1.707.630 euros.

Mentres, o número de desestimacións por non cumprir as condicións esixidas nas bases reguladoras específicas e na súa convocatoria foi de 226. O Plan de Mellora para a Empregabilidade -PAME-Ferrol- contempla axudas a autónomos e pequenas empresas co fin de paliar os efectos da epidemia da Covid-19. O Concello de Ferrol destinou dous millóns de euros ao PAME, co que pretende promover o dinamismo económico outorgando liquidez ás empresas para que atenúen o impacto da redución de ingresos e poidan manter os postos de traballo.

Segunda convocatoria

Resolto o proceso, o Concello xa está estudando abrir unha segunda convocatoria do PAME con cargo ao remanente. A cantidade dispoñible é de 292.370 euros, que servirían para que os solicitantes que non cumpriron os requisitos contemplados nas bases poidan optar de novo ás axudas, unha vez que subsanen o problema. Tamén para que poidan pedir a subvención quen por outros motivos non o fixeron na primeira convocatoria.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.