As choivas da fin de semana provocan un aparatoso accidente de tráfico na AG-64

Tras sairse da vía o vehículo implicado quedou boca abaixo, permanecendo atrapado no interior do vehículo o condutor que posteriormente sería rescatado polos bombeiros do Speis de Narón
IMG-20200815-WA0003

O pasado sábado 15 de agosto ás 19.30 horas os bombeiros do Speis de Narón foron requeridos polo 112  na AG-64, debido á salida da vía dun vehículo lixeiro no quilómetro 3 en dirección cara a Ferrol. Á chegada do Speis observouse e confirmouse a saída de vía do coche, e debidos as condicións meteorolóxicas adversas da fin de semana crese que o accidente ven motivado polas intensas choivas que se estaban a rexistrar na zona.

Unha vez no punto do desvío realizouse unha valoración inicial da situación, observando aos ocupantes dun vehículo lixeiro marca Peugeot. Un deles estaba no exterior do vehículo e outro, o condutor, un varón de mediana idade, estaba atrapado no interior.  Unha vez no lugar dos feitos os bombeiros procederon á estabilización do vehículo, ao control de enerxías e valoración do punto de extracción.

Analizada esta información os profesionais do Speis rescataron á persoa do interior do vehículo nas mellores condicións de seguridade para que no exterior fose valorado polos servizos sanitarios presentes na zona -dúas ambulancias asistenciais do 061-.

A persoa rescatada  presentaba distintas contusións e feridas que derivaron nun traslado hospitalario, sendo tamén trasladado o acompañante para unha valoración máis completa. O Speis rematou o servizo sobre as 20.12 horas, estando tamén presentes na intervención axentes da Garda Civil e da Policía Local de Narón, a maiores das dúas ambulancias asistenciais de Urxencias médicas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.