O concello de Neda fai un chamamento tras a afluencia de visitantes á Fervenza do Belelle

A administración local solicita que se faga un correcto uso do estacionamento habilitado nas inmediacións do Pazo de Isabel II
aparcadoiro visitantes Fervenza

O Concello de Neda fixo esta mañá un chamamento aos visitantes que estes días se achegan á Fervenza do Belelle para que fagan uso do estacionamento habilitado á mesma entrada da vía de acceso, nas inmediacións do Pazo de Isabel II.

Nunha parcela duns 1.500 metros cadrados, ten capacidade para uns 100 turismos, e a súa posta en servizo foi posible grazas ás cesións de terreos por parte da veciñanza de Neda.

Deste xeito, dende a casa consistorial do municipio lembran que o acceso en turismo polo vial está prohibido, como medida tendente a contribuír á preservación dos valores naturais da contorna. Só está permitido o paso dos vehículos da veciñanza da zona e do persoal da central hidroeléctrica.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.