Unha unidade de doazón de sangue chega este xoves 20 de agosto a Narón

O bus de ADOS estará dispoñible para os doadores que o desexen o xoves nas inmediacións do centro de saúde do Alto e o venres nas da Praza da Constitución
_img_internas__mediaformats_20161123-abanca-donacion-hd-40402110

Unha unidade da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o xoves e o venres desta semana á cidade. O vehículo localizarase o xoves día 20 nas inmediacións do centro de saúde do Alto, entre as 9.30 e as 14.30 horas e tamén pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas e xa na xornada do venres estará nas proximidades da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas.

Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue informan da posibilidade de que as persoas que poidan doar reserven previamente cita para facelo nestas unidades, chamando por teléfono ao número 900 100 828. Para doar é preciso almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Os doantes deberán levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.

ADOS garante a seguridade das persoas que acoden a doar, a través dos exhaustivos protocolos de seguridade establecidos para realizar este labor.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.