«Teño ganas de volver sentirme triatleta ao completo, con esas sensacións que fan que pareza que a proba durou un minuto, de estar plenamente concentrada en cada detalle e sentir que o dás todo», esas eran as palabras da olímpica do Triatlón Ferrol na previa á proba de distancia esprinte.
Nas categorías de base, a Escola Javi Gómez Noya presentará aos junior Jorge Morado e David Campos e aos cadetes Sabela Caneiro, María Novo, Alejandro Rodríguez, Hugo Prida e Rubén Morado. Nas probas divididas por grupos de idade, Pablo Pedrosa, Antonio Rodríguez, Luis Rilo e Juanchi González serán os representantes do Triatlón Ferrol.
O campionato de España de tríatlon esprinte -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé- terá lugar en Pontevedra na xornada do sábado 22 de agosto para cadetes e grupos de idade e do domingo 23 para elite e junior.