O tráfico permanecerá pechado no Camiño do Lodairo e na rúa Bergantiños de Narón

O corte débese a unhas obras de saneamento nun tramo na estrada de Castela, e o paso estará cortado a partir de mañá ás 8.00 horas
Camiño do Lodairo e Rúa Bergantiños

O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou o corte ao tráfico rodado a partir de mañá ás 8.00 horas do Camiño do Lodairo e da rúa Bergantiños. A medida responde, tal e como explicou, ao avance na execución dos traballos de reforzo da rede de saneamento nun tramo da estrada de Castela, concretamente o comprendido entre o Camiño do Pino e o parque de Freixeiro.

A previsión da empresa que realiza as obras é reabrir de novo ao tráfico rodado mañá a última hora o Camiño do Lodairo, se ben a rúa Bergantiños permanecerá cortada unha semana, debido ás actuacións que se levarán a cabo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.