Renovados os datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Ferrolterra conta cun total de 77 pacientes infectados pola Covid-19, oito máis que onte. A alarma social en toda a comunidade autónoma mantense debido a subida incesante de contaxios, onde xa hai 1.783 casos positivos en toda Galicia: 1.045 son de A Coruña, 170 de Lugo, 157 de Ourense, 80 -baixan catro positivos segundo os datos de onte- de Pontevedra, 141 de Vigo e 113 da de Santiago, sendo aínda Ferrol a que menos contaxios ten.
Na actulidade, dos 1.783 afectados polo virus 6 -un máis que onte- permanecen na UCI, 64 -nove máis que onte- en unidades de hospitalización e 1.713 nos seus domicilios. Onte morreu a última vítima do Covid-19 en Galicia, un home de 90 anos ingrasado no CHUAC que presentaba patoloxías previas. Con el son 626 os falecidos só na comunidade autónoma.
Gromo no campamento de Cerdido
Onte dende o Concello de Cerdido informaron de que se segue a realizar as probas PCR as posibles persoas que entraran en contacto cos contaxiados polo gromo xurdido nun campamento de verán da localidade, onde polo momento hai 16 infectados pola Covid-19. As últimas probas realizadas traen boas noticias, xa que ningunha proba deu positivo polo de agora. Por outra banda, os pacientes co virus que mantense confinados nos seus domicilios no municipio de Cerdido son 11.
Gromo en Cedeira
O pasado martes 18 coñecíase, tras información aportada polo Sergas, que na localidade de Cedeira xa son 8 os infectados tras aparecer un novo gromo -cando son 3 ou máis os casos relacionados entre si considérase como tal-, onde un total de 7 persoas pertencentes a un núcleo de convivintes contraxeron a Covid-19.
Polo momento Ferrol mantén os seus centros hospitalarios libres, posto que todos os afectados só sufren síntomas leves e non necesitan asistencia médica.