A veciñanza de Valdoviño poderá doar sangue o vindeiro luns 24 de agosto

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará diante da casa consistorial do municipio tanto pola mañá como pola tarde
43082483_1889752154404971_8002887561355722752_n

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio o próximo luns 24 de agosto. Estará diante da casa consistorial en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Para maior seguridade, pide cita previa para doar no teléfono 900 100 828.

Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.