Neobel abrirá as súas portas nos próximos días no antigo local de Zara

Un novo establecemento ocupará o espazo dun dos comercios máis emblemáticos de Ferrol, onde durante máis dunha década estivera a franquicia máis famosa do grupo Inditex
9f2e6765-8453-4a42-8fe3-9066428ffb90

Non vai ser o primer establecemento que abra as súas portas aos transeuntes da Praza de Armas tras a apertura da cafetería La Première, nen o último xa que a entidade bancaria CaixaBank anunciou o traslado das súas oficinas ao edificio que fai esquina entre a rúa Real e a da Terra.

Pero o que si é seguro é que este será unha das aperturas máis esperadas. Onde noutrora estaba situado o emblemático Zara de cinco pisos, o grupo salmantino Recio, instalarase en Ferrol axuntando tanto a marca Avenida, que é unha das maiores cadeas de Perfumerías de España, como a marca comercial Neobel, que xa ten dúas tendas na cidade, pero a ubicada no número 36 da rúa Real pechará para dar lugar á nova.

Neste novo local de cinco pisos propiedad do grupo Recio, que ten máis de 115 anos de historia e conta con máis de 200 tendas e máis de 950 empregados por todo o territorio nacional, traerá á cidade a maior tenda especializada en cosmética e beleza do centro de Ferrol, xa que albergará nas diferentes plantas varios departamentos como perfumería, cosmética, parafarmacia, hixiene, fogar e moito máis.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.