A Deputación invertirá 200.000 euros en melloras na praza de San Antonio e no porto de Espasante en Ortigueira

Estas reformas van destinadas a mellorar a seguridade viaria nunha das zonas do municipio con maior afluencia de persoas, especialmente no periodo estival
c5e557e2120ec0196a649f63aac819d5_f34699

A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único a remodelación da praza de Santo Antonio e a súa contorna no porto de Espasante do concello de Ortigueira. As tarefas, en fase de licitación, contarán cun orzamento provincial de 198.575 euros.

As medidas permitirán mellorar a seguridade e a accesibilidade da praza e das rúas que desembocan nela. A zona constitúe un lugar de tránsito elevado ao ser un dos principais lugares de estacionamento do núcleo de Espasante, principal motivo da necesidade de abordar estas obras. Ademais, tratase dunha parroquia que conta con numerosos habitantes e que aumenta considerablemente a súa poboación en período estival.

Reformas en prol da seguridade viaria

A principal intervención permitirá eliminar os desniveis entre as beirarrúas e o pavimento que conforman o conxunto, poñéndoas á mesma altura pero mantendo as distintas texturas para a súa correcta diferenciación. Con esta medida eliminaranse obstáculos e facilitarase e priorizarase o tránsito da veciñanza

Na praza de San Antonio substituirase a fonte e o conxunto no que está integrada por un novo elemento ornamental de menores dimensións lonxitudinais para eliminar esta barreira arquitectónica. En torno a este e á estatua do porco Antón realizarase unha pavimentación co obxectivo de realzar ambos elementos.

Nas rúas San Antonio, Areal e Rúa Nova, que desembocan na praza, tamén se igualará a altura da vía e as beirarrúas e deixarase a parte da estrada cunha mínima pendente cara un dos bordos, eliminando os desniveis de barbacanas e vaos.

Na rúa que leva ata a praia de San Antonio eliminarase a illote central, o que permitirá unificar a zona de circulación rodada. Dentro das actuacións, ampliarase o ancho dunha das beirarrúas ata os 5,5 metros, o que permitirá constituír un agradable paseo cara o miradoiro no que remata. A outra beirarrúa conservará a súa anchura, pero renovarase o bordo e o pavimento de lastros de formigón que actualmente está en mal estado.

O conxunto tamén se completará con novos elementos de iluminación e de mobiliario urbano. As obras terán un prazo de execución de 4 meses e o prazo de presentación de ofertas remata o 25 de agosto.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.