Ferrol aproxímase ao centenar de contaxiados pola Covid-19

Nas últimas 24 horas rexistrouse o maior aumento de casos de esta segunda onda con 12 novos positivos na área sanitaria de Ferrolterra
PUBLICIDAD

Renovados os datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Ferrolterra conta cun total de 89 pacientes infectados pola Covid-19, doce máis que onte e cunha preocupación social en aumento, xa que se espera que nesta semana ou a comezos da seguinte o número de afectados polo virus chegue ao centear.

No que respecta a área sanitaria de Ferrolterra, xa se levan realizadas 23.263 probas PCR en búsqueda de máis posibles contaxios, tanto no Arquitecto Marcide, coma nos puntos móviles do Novoa Santos como a domicilio, dentro do Plan de Atención Temperá do CHUF

Novos casos en Navantia

Tras coñecerse esta misma semana o contaxio de dous traballadores de Navantia -un pertencente ao estaleiro de Fene e outro ao de Ferrol- as malas novas dende dentro da factoría naval non cesan. Hoxe mesmo informaban dende a empresa pública da amplicación do número de contaxiados a 4 tras coñecerse dous novos casos.

O primeiro deles é un operario da empresa auxiliar KAEFER que traballa en Reparacións, e tal e como afirma o Comité de Emerxencia xa se tiña constancia dende a fin de semana pasada, polo que se confinaran 15 compañeiros, aínda que xa hai 13 negativos e dous resultados á espera de saberse.

Por outra banda, o segundo caso positivo deuse no almacén de Navantia, o cal descubriuse onte mesmo polo que inmediatamente están en aislamento domiciliario 4 traballadores que mantiveron un contacto próximo co infectado. A maiores, tamén hai outras 4 persoas confinadas á espera da realización das probas PCR, un pertencente á empresa SIASA, un da F.P. Dual, un da área de Loxística de Montaxe e outro de Turbinas.

Polo momento e a pesar do gran aumento de casos positivos, Ferrol mantén os seus centros hospitalarios libres posto que todos os afectados só sufren síntomas leves e non necesitan asistencia médica. Na área sanitaria de Ferrolterra xa son 590 casos non activos ou curados, e 33 persoas perderon a vida.

 

 

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.