Ferrol recibirá 332.750 euros da Xunta para recuperar as súas Areas de Rehabilitacion Integral

En total son catro as zonas da cidade que gozarán desta subvención, as rúas de Ferrol Vello e da Magdalena, as de A Graña, Esteiro Vello e o barrio de Recimil
Edificios en el barrio ferrolano de Recimil
Edificios en el barrio ferrolano de Recimil

A Xunta de Galicia financiará con preto de 2,7 millóns de euros as Áreas de Rehabilitación Integral -ARI- declaradas en Galicia, un total de 17 concellos galegos, dos cales un total de 332.750 euros irán dirixidos as arcas do municipio ferrolán, os mesmos ingresos cos que contarán as cidades de Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Unha vez que o IGVS -Instituto Galego de Vivenda e Solo- comunique esta decisión aos correspondentes municipios, os concellos deberán trasladar ao mesmo as actuacións previstas presentando a documentación acreditativa. No caso dos municipios que dispoñen de máis dunha ARI declarada no seu ámbito, como é o caso de Ferrol, será a propia administración municipal a encargada de realizar a repartición dos fondos entre as mesmas.

Catro Áreas de Rehabilitación Integral

Este orzamento por parte da administración autonómica irán destinados a catro áreas especificas da cidade, como son os barrios de Ferrol Vello e a Magdalena – a máis vella declarada en 2001 cun total de 1.251 vivendas-, a de A Graña -incluida en 2005 e con 148 domicilios-, Esteiro Vello -declarada en 2015 con 504 inmobles- e Recimil como a última en sumarse á lista -introducida o pasado 2016 sendo a segunda cun maior número de vivendas, un total de 1.012-.

Precisamente nestes momentos tanto o barrio de Recimil como o de Ferrol Vello e a Magdalena están a gozar de diversas reformas para mellorar a calidade de vida da veciñanza. No que respecta a Recimil, o primeiro barrio residencial de Galicia, estase a realizar reformas nas rúas Betanzos e Ares. E no que respecta as rúas de Ferrol Vello, actualmente a rúa Carmen Curuxeiras e varias zonas do barrio da Magdalena están a sufrir reformas, ademais da rúa Espasante que comezará a pertinente rehabilitacion despois da adxudicación das obras a algunha empresa interesada.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.