A arte urbana cobra vida propia en Valdoviño

A Concellería de Cultura pretende ampliar este estilo artístico na comarca tras os dous novos graffitis feitos por dous veciños na Casa da Cultura
Mural Valdoviño 2

 

O que antes era unha aburrida parede gris situada no muro exterior da Casa da Cultura hoxe mesmo, de súpeto, colleu cor grazas a dous artistas á base de graffitis. Tras unha proposta por parte destes veciños da localidade, Enrique e Martín, a Concellería de Cultura conseguiu facer a súa arte realidade. E así, decidiu reservarlles tres muros para este fin.

Os primeiros espazos sinalizados coa súa correspondente placa dentro deste proxecto de arte urbana sitúanse na contorna da Casa da Cultura e mais no campo de fútbol contiguo ao CPI Atios, no que xa traballan tamén un grupo de persoas. E en vista a o éxito acadado, o departamento municipal baralla xa habilitar novos lugares.

Os autores do primeiro mural xurdido neste proxecto son os valdoviñeses Enrique Martínez e Martín Núñez, este último estudante de Belas Artes. Coa súa obra, o debuxo e a cor continúan gañando terreo nos sitios públicos de Valdoviño.

De feito, o consistorio impulsaba fai un tempo un obradoiro de graffiti, guiado pola ilustradora Nana, para crear un mural urbano sobre o surf e a flora e fauna marítima nunha das casetas de aseos do paseo da Frouxeira. E de forma máis recente, a artista local Blanca Escrigas firmaba un mural na Oficina de turismo municipal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.